| have yourself a little merry christmas |
[Dec. 22nd, 2005|01:41 am] |
hmmm blanca navidad... Creo que xa van máis de dúas semanas que o sol está radiante e veredes que neva no cuvi no tempo que nós esteamos na casa. ainsssss Pero non me vou queixar, o tempo que fai estes días é o meu tempo favorito. Eses días que te levantas e quenta o sOoOoL, e pos música alegre, e tomas café e sales andando ó ritmo da última canción que escoitaches lalalalalala mMmmMMm aire fresco, moi fresco gRrgRRr pero un día espléndido! Encántanme estes días, danme moitísima enerxía, danme ganas de facer cousas. Espabílanme. Gracias Pemán!!! (como se chama o deus grego da meteoroloxía??)
Teño tantos plans na cabeza a corto plazo que non dou de min. Non dou!! E eso gústame. Propósitos de ano novo? A vós volos vou contar... ja! Moitos moitos moitos moitos. Teño moitas ganas de que empece o ano. Non me gustan os números impares, non me preguntedes por que. O seis é un dos meus números favoritos, non me preguntedes por que. (por certo, o primeiro premio da lotería de navidade vai acabar en 8 ;p) (que, por certo, dos números pares, o 8 é o que menos me gusta, non me preguntedes por que...)Empezarei o ano 2006 con 21 anos, unha cousa contrarresta a outra. Os 20 paseinos no 2005, o 20 é un número que me encanta, e foi unha caca espichada nun pau... vaia voltas máis estúpidas lles estou dando ós números a conto de nada. Estou sudando café, polo que prevexo (esto existe?) un post laaaaaaaaaargo largo.
Estas navidades vou facer o que fixeron os productos de Larsa ^;^ Non pasteurizarme coas últimas tecnoloxías (joer, vaia parida acabo de soltar xDDD váiseme a vida. non vos pasa que os chistes malos son os que máis gracia vos fan? a min si, vaia xDD apufffffff); en fin... volver á orixe.
Non me valeu empezar un curso novo para cambiar, os tres meses que van alá non foron especialmente fructíferos, materialmente polo menos, pero valéronme para ver moitas cousas. Agora, o ano novo falará deses meses.
Volverei ó look dos meus tempos de estudiante, daquela cando estudiaba e tal; tamén cando non me comía un puto rosco (bue, non creo que fose polo pelo) (joer, ahora que o penso, hai cousas que nunca cambian...), bah, pero en fin, non é algo que me preocupe especialmente nestes momentos (que triste se ligas dependendo de como leves o pelo :S) Diossssss, que alguén me cale !!!!
Do resto... xa vos daredes conta se procede
Creo que enterrei definitivamente á macarrilla que veu o primeiro ano ó cuvi. Si, aquela malota que escoitaba EMINEM, progressive e tal... Mimá, que tempos tolos. Aquela non era eu e, creo que só unha persoa lectora deste blog o pode corroborar, de feito, con falar un pouco comigo xa se notaba que aquel cascarón desentonaba demasiado en min. Foron tempos duros. Estaba moi resentida co mundo. Estaba equivocada co mundo. Non vía que o problema non era senón meu. O resentimento, o odio, a rabia, son sentimentos que non deberían nin existir; fan ás persoas horribles.
A última vez que fun á casa fixen cambios na miña habitación; saquei unha cama e puxen outro escritorio, frente á ventana... ^^ que guai, para poder mirar para Ramona cando sacuda as alfombras... xDD Renovarse o morir!! Había tempo que quería sacar unha cama dalí porque eu SÓ USO UNHA, e a outra o único que facía era ocupar sitio. Ademáis, o escritorio moi bonito, si, pero útil cero. Quen carallo o diseñaría?? Cousa máis amorfa... Ainssssss, que ganas de redecorar todo. Encántame redecorar. Coller as cousas todas, metelas nunha morea, e despois pasarme horas e horas pensando onde volver colocalas, estratéxicamente, para que queden visualmente agradables á par que funcionais. Así supoño que pasarei o día de noiteboa.
Noiteboa este ano estamos todos xuntos, e supoño que navidade tamén ^^ Jo, xa me tarda... como boto de menos as miñas nenas!! (as pekenas e as jrandess) Fin de ano estarei soa con Moncho e Carmela iujuuu E reis non teño nin idea, pero va, na miña casa non adoita ser nada especial.
Sinto que van ser as mellores navidades dende hai moito tempo. Hai uns anos collinlles manía. Non sabia por que, pero o outro dia deime conta; era demasiado absurdo. Sempre me encantaron as navidades, escoitar os villancicos cutres do concello e despois pasarme o día enteiro tarareándoos, ver a todo o mundo sorrindo "felices festas!", non sei... é bonito; a ilusión dos nenos... ^,^ Non sei, as ilusións, as ilusións son bonitas. Cando estás ilusionado por algo, estás feliz, e... qué máis queremos que ser felices? Gustaríame volver a ser nena; bue, aínda que nunca deixei de selo de todo :$ Home, a felicidade que che aporta unha ilusión, non é eterna, pero máis vale que estar sempre apático. Eu agora mesmo estou ilusionada por moitas cousas, e sorrío mentres escribo.
Escribín xá demasiado, non? Bueno, é posible que mañá non teña tempo a escribir porque teño exame venres, e na casa non teño internet, así que a non ser que poida escaparme algún día por Boiro e conectarme, non actualizarei ata pasados reis, así que... se te asustaches ó ver a parrafada e volves calquera outro día que esteas aburrido (moi posible nestes días...) pois aquí queda. Se ler as miñas raiadas aínda ten que ser entretido... vamos, eu paso os días dándolle voltas ás cousas e nunca me aburro dos meus pensamentos... pero é que... que chispa...
Ah! Case se me olvida contar algo tremendamente relevante para entender a miña ilusión navideña! Resulta que Xoampi nos mandou escoller un libro na biblioteca para facerlle un traballo, e eu collera un de multilingüismo, outro de etnografía da comunicación (grande obra de Dell Hymes) (estes dous primeiros escritos en inglés, aí, porque yo lo valjo y quiero una matrícula) e outro sobre a sociolingüística británica, en español. Calquera dos 3 me interesaba, e fun falar con el e o que me recomendou foi o terceiro, ademáis está escrito por un colega del!! Se é que... traballo redondo!! A Xoampi le va a molar y a mí massssssss Si es que me pongo cachonda sólo de pensarlo. Cóooooooomo me lo voy a currar !!!! me cusSssSsta Este vai ser mellor ca o do Britpop. Xandriña... a matrícula é miña, lo siento !!!! ;P
Bueno, pequena familia, aquí vos deixo. Non sei que desexarvos, así que cada un que pida por si.
Portádevos ben... aproveitade o tempo... dade unhas carreiriñas para non enjordar demasiado... que vos preste o champán ou o que bebades... sorte coa lotería (para quen queira cartos)... que vos dea tempo a tomar tódalas uvas... (conste que eu sempre o paso fatal. bue, estou sejura de que me credes sen que volo xure)... non vos olvidedes de poñer ouro na copa do primeiro brindis do ano... nin vos olvidedes de pedir o deseo coa última uva!! (que case se me olvida a min)... axudade a papá e a mamá co estrés das comidas... pensade moito en min... ;p... e, que carallo, pasádeo ben que para eso están as festas!!
bikiños múltiples de polvorón de almendras ^;^
"Have yourself a merry little Christmas, Let your heart be light From now on, our troubles will be out of sight Have yourself a merry little Christmas, Make the Yule-tide gay, From now on, our troubles will be miles away.
Here were are as in olden days, happy golden days of yore. Faithful friends who are dear to us gather near to us once more.
Through the years we all will be together If the Fates allow Hang a shining star upon the highest bough. And have yourself a merry little Christmas now."
muakaaaaaaaa |
|
|